Fai hoxe exactamente 10 anos ETA asasinaba a Miguel Angel Blanco en Lasarte. Eran pouco máis das catro da tarde dun sábado caluroso. Eu atopábame no Carrefour, lémbrome perfectamente. De repente unha voz soou a través dos megáfono, pero non era para dicir "Ana á sección de puericultura" ou "Marcos, acuda a caixa 24 por favor", non, era para dicir que Miguel Angel fora encontrado case sen vida. E fixéronnos agardar un minutos de silencio. Un minuto que me aterrou e chorei, si chorei de rabia, porque eu, aínda que tiña 12 anos, aquela noticia fixo nacer en min un sentimento especial.
Tiña a esperanza de que Miguel saíse con vida daquel calvario e non foi así. Entón chorei abrazándome a miña nai e preguntándoll ¿porque o mataron, mami? ¿porque o mataron?. Miña nai, non respondeu, so me mirou e seguimos mercando. Na casa chorei de novo. Era fillo de galegos, de Xunqueira de Espadañedo, preto de Maceda, onde nós iamos a veces a pasar as tardes ó río. En fin, aquel día quedou na miña mente marcado para sempre, sobre todo porque nunca entenderei que unha morte sexa unha maneira de intentar conseguir o que se quere. Total, só vale para crear máis rencor. Eu podo entender o nacionalismo vasco, respeto as ideas, incluso daqueles que queren a escinsión de España por razóns tales como a lingua ou, en parte, a historia. Podo entendelo (compártao ou non) porque eles saberán mellor que ninguén o que queren para eles, o que lles será bo. Pero nunca apoiarei a violencia porque causa moitos estragos. Cataluña está conseguindo unha morea de "independencia" sen violencia ningunha... Creo que debería deixarse a un lado.
Miguel Angel estará na miña mente sempre ó igual que doutras persoas. Unha coñecida bautizou ó seu meniño co mesmo nome pero en galego (Miguel Anxo) por nacer no día no que el morreu (aínda que uns anos despois). Aquelas imaxes, aqueles berros polas rúas. Alá donde esteas, Miguel, vela pola paz, porque non haxa máis mortes. Ah! Un bico dende Galicia ata o ceo.


