martes, 26 de junio de 2007

Traxedia militar, de novo

De novo, militares falecidos fóra de España. Tres colombianos e tres españois da BRIPAC de Alcalá de Henares. Isto demostra o vulnerables que son as tropas, por moi afastado que parece e demostra tamén a confluencia de españois e estranxeiros no exército español. Sinto mágoa polos falecidos, pero tamén polos familiares, por esa nai que esperaba abrazar o seu fillos en escasos quince días, por ese pai que quixera ver o rapaz de novo, polos avós que desexaban escoitar como lles fora a estancia noutro lugar, por esa noiva que quería telo de novo para bicalo outra vez... Agora lembraranse do último beixo que lle deron, posiblemente antes de marchar rumbo ó páis de "nunca xamais", unha esperanza perdida e unha ilusión desfeita. Morreron no seu traballo, como un albanel cando cae dun andamio, un carpinterio, un mozo de almacén, un camioneiro... pero morreron lonxe, vestidos de verde e nunha misión da que, seguro, esperaban moito. Estas traxedias, sobre todo cando son por culpa dun atentado, doen no fondo da alma. Sinto ter que vivilo tan de cerca, oxalá eu nunca estea na pel desa moza ou muller que esperaba un bico e un abrazo no aeroporto á volta e só recibe unha caixa de madeira.

viernes, 22 de junio de 2007

¡É unha nena!

É unha nena!!! Despois de tantas apostas e pensamentos, ó final xa está descuberto o segredo. O bebé de Montse vai ser unha NENA, a pesar de que case, case todos diciamos que sería un neno. Foi unha sorpresa. Agora esperemos que todo saia ben, que estes meses de espera non sexan moi duros e que a pequeniña naza cun pan debaixo de brazo. Felicidades a Montse e a Rafa.

jueves, 21 de junio de 2007

En xuño, inverno


Este blog está demasiado abandonado. Mágoa. Pero é que estou que non dou feito. A pouco máis de dúas semanas para rematar os meus seminarios do doutoramente, varios libros aínda están sin ler, e dous traballos sen comezar. O consolo: que case todos os alumnos estamos na mesma situación. E é que despois de traballar non apetece moitos estudar e facer traballos. Agora, que xa rematei na EOI, aínda vai tirando, pero antes... era bastante, bastante. Ademais o tempo non axuda a motivar as persoas. Hoxe, 21 de xuño, comeza oficialmente o verán e aquí en Santiago, pola mañá chovía a matar. ¿Onde se viu outra?... Xa sei que é Santiago... e que nesta cidade o pluviómetro traballa a reo pero... estamos en xuño!!!! Non me gusta que chova a partir de abril, despois de pasado o mes da choiva por excelencia só podo soportar o bo tempo. Necesito sol dende maio ata novembro . Calor, calor en xullo e agosto, calor solamente, en xuño e setembro e días de sol (aínda que non faga moito calor) en maio e outubro. Pero aquí en Santiago o tempo anda demasiado revolto e chove tanto... é iso o que menos me gusta desta cidade!!! Agora entendo porque a xente di que en Galicia chove sempre... porque só deben coñecer o norte. En Ourense non chove nin a metade, polo que iso da choiva é un falso mito estendido a totalidade da miña terra...
Si, a choiva en Santiago é arte, e en Galicia, pero a min aquí na capital de Galicia, esta arte xa a vin o suficiente... e é que un día, un mes, un ano... está ben, per máis... a min cánsame, odia que chova.
A foto que ilustra este post saqueina no inverno pasado, pero vamos, que a estampa de hoxe á mañá era igualiña... ¡aí queda!
Prometo loubar Santiago cando volva o bo tempo, que seguro me pon superfeliz!!!

lunes, 4 de junio de 2007

Amor polos avións


Encántanme os avións. Creo que dixen algún día que tiña devoción por dúas cousas: os avións e as vías de tren. Así é. Onte en España Directo vin unha reportaxe sobre os avións, concretamente sobre os veciños do aeroporto de Bilbao que se queixaban polo ruído. Enténdoos. Pero aínda así a min gustaríame vivir nun sitio así, preto dun aeroporto para ver aterrar e despegar avións todos os días. Conteillo a Jona e díxome que me ía cansar, que todo cansa. Quizais. Pero é que me gustan tanto... estiven toda a noite soñando con avións voando por enriba de min... Cando teña que buscar piso, se vivo nunha cidade con aeroporto, buscareino preto del, mentres non me canse (se chego a facelo) gozarei ó máximo, e iso xa é moi importante para min. E senón poderei ir vivir a Barcelona, onde van facer un mirador para ver os avións, con paneis informativos e todo!!! Mentres tanto sempre podo ir a ese recuncho de Lavacolla dende onde, as veces, os avións sobrevoan a túa cabeza a escasos 10 metros...