De novo, militares falecidos fóra de España. Tres colombianos e tres españois da BRIPAC de Alcalá de Henares. Isto demostra o vulnerables que son as tropas, por moi afastado que parece e demostra tamén a confluencia de españois e estranxeiros no exército español. Sinto mágoa polos falecidos, pero tamén polos familiares, por esa nai que esperaba abrazar o seu fillos en escasos quince días, por ese pai que quixera ver o rapaz de novo, polos avós que desexaban escoitar como lles fora a estancia noutro lugar, por esa noiva que quería telo de novo para bicalo outra vez... Agora lembraranse do último beixo que lle deron, posiblemente antes de marchar rumbo ó páis de "nunca xamais", unha esperanza perdida e unha ilusión desfeita. Morreron no seu traballo, como un albanel cando cae dun andamio, un carpinterio, un mozo de almacén, un camioneiro... pero morreron lonxe, vestidos de verde e nunha misión da que, seguro, esperaban moito. Estas traxedias, sobre todo cando son por culpa dun atentado, doen no fondo da alma. Sinto ter que vivilo tan de cerca, oxalá eu nunca estea na pel desa moza ou muller que esperaba un bico e un abrazo no aeroporto á volta e só recibe unha caixa de madeira.martes, 26 de junio de 2007
Traxedia militar, de novo
De novo, militares falecidos fóra de España. Tres colombianos e tres españois da BRIPAC de Alcalá de Henares. Isto demostra o vulnerables que son as tropas, por moi afastado que parece e demostra tamén a confluencia de españois e estranxeiros no exército español. Sinto mágoa polos falecidos, pero tamén polos familiares, por esa nai que esperaba abrazar o seu fillos en escasos quince días, por ese pai que quixera ver o rapaz de novo, polos avós que desexaban escoitar como lles fora a estancia noutro lugar, por esa noiva que quería telo de novo para bicalo outra vez... Agora lembraranse do último beixo que lle deron, posiblemente antes de marchar rumbo ó páis de "nunca xamais", unha esperanza perdida e unha ilusión desfeita. Morreron no seu traballo, como un albanel cando cae dun andamio, un carpinterio, un mozo de almacén, un camioneiro... pero morreron lonxe, vestidos de verde e nunha misión da que, seguro, esperaban moito. Estas traxedias, sobre todo cando son por culpa dun atentado, doen no fondo da alma. Sinto ter que vivilo tan de cerca, oxalá eu nunca estea na pel desa moza ou muller que esperaba un bico e un abrazo no aeroporto á volta e só recibe unha caixa de madeira.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario