
Encántanme os avións. Creo que dixen algún día que tiña devoción por dúas cousas: os avións e as vías de tren. Así é. Onte en España Directo vin unha reportaxe sobre os avións, concretamente sobre os veciños do aeroporto de Bilbao que se queixaban polo ruído. Enténdoos. Pero aínda así a min gustaríame vivir nun sitio así, preto dun aeroporto para ver aterrar e despegar avións todos os días. Conteillo a Jona e díxome que me ía cansar, que todo cansa. Quizais. Pero é que me gustan tanto... estiven toda a noite soñando con avións voando por enriba de min... Cando teña que buscar piso, se vivo nunha cidade con aeroporto, buscareino preto del, mentres non me canse (se chego a facelo) gozarei ó máximo, e iso xa é moi importante para min. E senón poderei ir vivir a Barcelona, onde van facer un mirador para ver os avións, con paneis informativos e todo!!! Mentres tanto sempre podo ir a ese recuncho de Lavacolla dende onde, as veces, os avións sobrevoan a túa cabeza a escasos 10 metros...

No hay comentarios:
Publicar un comentario