miércoles, 28 de marzo de 2007

Os chaos de Amoeiro


O sábado estiven en Trasalba, terra ben querida por min por varios motivo. Fun con motivo da inauguración no Pazo - Museo de Otero Pedrayo da exposición pictórica de Virxilio. A mostra leva por nome "Os chaos de Amoeiro" e estará exposta ata finais de abril. Este pintor é moi expresivo, dixo que a cor de Ourense é a amarela, polas moitas acacias, toxos e xestas que hai e tamén polo sol e o calor do verán. Xa dicía Otero Pedrayo que o non ter costa beneficiaba a Ourense.

Na roda de prensa dixeron cousas moi interesantes. Estiveron Virxilio, Víctor Freixanes, Méndez Ferrín e Ánxela Bugallo entre outros. Ferrín deleitounos coas súas magníficas "conversas" onde cada palabra ten un valor especial e engadido e Virxilio limitouse a agradecerlles a todos o apoio.

Este sábado, a casa de Cimadevila estará tamén a ferver porque desta vez toca recital poético. Teño pensado ir. Será as sete do serán, boa hora para deixarse levar polas palabras.

martes, 20 de marzo de 2007

¿En que pensan os do MECD?

O MECD pretende axudar e a veces é un pouco pastrañoso. Imos ver: hai nada que saiu a convocatoria de bolsas para estudiar inglés no estranxeiro para mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. ¡¡¡¡Moi ben!!!! Pero agora pensemos nos aspectos secundarios.



Para pedir a bolsa esta tes que ser bolseiro do MECD e



1. ¿hai moitos bolseiros despois de 23 anos?



2. ¿porque precisas ser bolseiro do MECD? ¿se non es bolseiro xa non podes ter esta bolsa? pois non!!!! .... pero a miña renda segue sendo baixa e eu podo xustificalo .... (pois non!!!) ¿e non teño bolsa porque xa rematei a carreira? (que non vale!!!), pero sigo matriculada na universidade porque estou facendo o doutoramento (pois fastídiaste)...



3. ¿porque dan tan pouco prazo para facer a viaxe? ¿porque hai que facela en verán-outono e non en inverno? eu no verán non podo, teño practicas e todo iso ..... deberían dar máis prazo, un ano ou así. Se non os vou enganar!!! e que antes non podo...



Pero eu vivo no mundo de Yupi!... Este MECD debería ter máis cousas en conta se de verdade quere axudar a mozos de entre 18-30 anos con pouca renda (e de doutoramento) e dar máis facilidades nesta vida, que xa está ben...

martes, 13 de marzo de 2007

Ollo vago ou Ambliopía


Recoñecer e admitir que teño un problema ocular de por vida non foi doado e menos cando te enteras de que se puido haber evitado. Teño un ollo vago, o que cientificamente se coñece como ambliopía. Explícome: un dos meus ollos (grazas a Deus que so é un) non ve case nada, nin con gafas nin sen elas porque o cerebro o anulou cando eu era pequena. O ollo vago só ten cura se se detecta en nenos pequenos menores de 8 ou como moito moito 10 anos. Despois é un problema irreversible. Así de triste.


Eu cando era pequena fun ó oftalmólogo, tería cinco ou seis aniños e lémbrome que me puxeron un parche no ollo san para estimular o outro. Déronme tamén gafas. Pero eu non vía coas gafas e caía, polo tanto odiaba tamén o parche. O tempo foi pasando e eu sen seguir correctamente as indicacións do médico porque caía. Aquilo era un suplicio: vía máis co ollo malo que co bo con gafas!!! e a médica empeñada en que as puxera que tiña que ver ben!!! Miña nai descubriu o tema e sentiuse tan mal que me sacou as gafas, ela cria que non era unha enfermidade irreversible porque ninguén lle contara nada. Anos despois miña nai revisou os papeis da graduación e viu que as miñas gafas tiñas os cristais cambiados, o da dereita no ollo esquerdo e viceversa. Por iso eu non vía nadiña. Unha neglixencia como outra, pero daquela eu xa tería dez anos e o problema xa non tiña solución. Miña nai sentiuse culpable naquel intre e se llo lembro agora de seguro que tamén. Eu volvín de novo a por gafas, o cal non o entendo, total se non recupero visión... ¿porque a oculista mas manda poñer?


Agora intereseime moito polo tema, xa levo uns aniños interesada pero hai datas nas que máis. Teño medo do meu ollo san, de que lle pase algo. E tamén porque me facía ilusión presentarme as oposicións de Controladora Aérea, que xa nin o intentei, un medio soño frustrado, menos mal que quedan outros!!!. Tamén procurando na net sorprendinme ó non atopar ningunha asociación para isto nin ningunha clínica especializada ou que estea investigando no tema, penso que lles dá igual, que, como podía ter solución no pasado agora nos botan a culpa, e non é así, antes non se sabía o que se sabe agora nin había os medios de comunicación de hoxe. Eu teño 22 anos e podía ter o meu ollo san, pero non o teño e non por iso me tería que render. A única cousa positiva que atopei tras dous días de busca intensa foi un artigo no que dan un pouquiño de esperanza, pero moi pouca...


Penso que haberá máis xente na mesma situación ca min. Oxalá no futuro teña solución o problema. De momento eu miro os ollos doutra persoa que non ten problemas e envéxoos pero ó mellor ela ou el ten outras cousas que eu non teño. E de momento eu teño o outro meu ollo. Encomendareime a Virxe para que non lle pase nada...


domingo, 11 de marzo de 2007

Tres anos despois


Hoxe fai tres anos da traxedia de Madrid. Este ano non puiden achegarme ata alá como ofixen no primeiro aniversario, non puiden percorrer o silencio de Atocha nin rezar in situ polos falecidos, pero dende o meu corazón volvín revivir de igual xeito a traxedia. Oxalá nunca tivese acontecido e non houbese que lamentar os 192 mortos. Pero pasou e agora o único que podo desexar é que as vítimas saian adiante, que saquen forzas do impensable e continúen a súa loita porque elas valen moito máis que un terrorita, moito máis que mil insensatos deses. Menos mal que ninguén dos que eu quero ía naqueles trens e menos mal que eu puiden ter a sorte de que o acontecido me poidese tocar un chisco alleo.


Tan so podo dicirl: que Descansen en Paz aqueles que nos deixaron sen ter culpa ningunha e que os afectados teñan valor para seguir coa súa vida. E por suposto: ¡que se faga xustiza!

jueves, 1 de marzo de 2007

Día sen móviles

Volvo recuperada do Entroido e volvo nun día moi especial: no día sen móviles. Eu entereime tarde de tal celebración e, polo tanto, non o respetei. Mágoa que fose así. De todos xeitos hoxe puidenme parar a pensar a importancia que ten o teléfono móvil na vida diaria dos humanos e quizais dos animais... porque a meu gato, Yak, tamén lle encanta fuchicar no móvil, supoño que polas cores. É moi simpático ver como lle dá coa súa patiña peluda ós botóns. Un día porei unha foto del, pero imos ó que imos. O teléfono móvil converteuse no amigo tan inerte como inseparable de moitas persoas, telo con un é case unha obsesión, eu, por sorte, aínda me libro desa "peste" de ansiedade. Pero a verdade é que tamén é transcendental para min sobre todo para manter o contacto con todas aquelas persoas as que quero e que están moi lonxe de min. Cando me xunto con elas (coa maioría, claro) o uso do meu móvil queda relegado a unha décima parte do resto dos días.

Neste día sen móviles tan só me queda dicir ¡que viva o móvil, pero con moderación!