
Hoxe fai tres anos da traxedia de Madrid. Este ano non puiden achegarme ata alá como ofixen no primeiro aniversario, non puiden percorrer o silencio de Atocha nin rezar in situ polos falecidos, pero dende o meu corazón volvín revivir de igual xeito a traxedia. Oxalá nunca tivese acontecido e non houbese que lamentar os 192 mortos. Pero pasou e agora o único que podo desexar é que as vítimas saian adiante, que saquen forzas do impensable e continúen a súa loita porque elas valen moito máis que un terrorita, moito máis que mil insensatos deses. Menos mal que ninguén dos que eu quero ía naqueles trens e menos mal que eu puiden ter a sorte de que o acontecido me poidese tocar un chisco alleo.
Tan so podo dicirl: que Descansen en Paz aqueles que nos deixaron sen ter culpa ningunha e que os afectados teñan valor para seguir coa súa vida. E por suposto: ¡que se faga xustiza!

No hay comentarios:
Publicar un comentario