O MECD pretende axudar e a veces é un pouco pastrañoso. Imos ver: hai nada que saiu a convocatoria de bolsas para estudiar inglés no estranxeiro para mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. ¡¡¡¡Moi ben!!!! Pero agora pensemos nos aspectos secundarios. Para pedir a bolsa esta tes que ser bolseiro do MECD e
1. ¿hai moitos bolseiros despois de 23 anos?
2. ¿porque precisas ser bolseiro do MECD? ¿se non es bolseiro xa non podes ter esta bolsa? pois non!!!! .... pero a miña renda segue sendo baixa e eu podo xustificalo .... (pois non!!!) ¿e non teño bolsa porque xa rematei a carreira? (que non vale!!!), pero sigo matriculada na universidade porque estou facendo o doutoramento (pois fastídiaste)...
3. ¿porque dan tan pouco prazo para facer a viaxe? ¿porque hai que facela en verán-outono e non en inverno? eu no verán non podo, teño practicas e todo iso ..... deberían dar máis prazo, un ano ou así. Se non os vou enganar!!! e que antes non podo...
Pero eu vivo no mundo de Yupi!... Este MECD debería ter máis cousas en conta se de verdade quere axudar a mozos de entre 18-30 anos con pouca renda (e de doutoramento) e dar máis facilidades nesta vida, que xa está ben...

No hay comentarios:
Publicar un comentario