Levo tanto sen actualizar... en fin. Xa teño un ano máis, un habitante máis en casa e unha chea de cousas por facer (sempre teño unha chea de cousas por facer, non sei como me apaño). E coma quen di para celebrar a meu cumpreanos e aproveitando unha visita que nos fixeron á casa fomos de "parrandeo" (comunmente coñecido como juerga). Fomos a Ojo Guareña + Puentedey. Se por viaxes non é... últimamente ando dun sitio noutro (penso que no futuro o coche vai pasar factura), sempre quedan os avións pero non é momento apto para quen lle ten medo a voar (non é o meu caso pero si de quen viaxa normalmente comigo). En fin, que sexa como sexa, viaxar é o meu. Sempre dixen que era un cú inquedo. Teña 20, 24, 26 ou 35!!! Tempo para fotos tamén tivemos que coa nova cámara saen cando menos nitidísimas.
viernes, 19 de septiembre de 2008
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
