miércoles, 31 de enero de 2007

Adeus Kapuscinski

A semana pasada morreu unha pilar do xornalismo, sobre todo do xornalismo de guerra, morreu o polaco Ryszard Kapuscinski. Hoxe estiven lendo a súa intervención na sede da Fundación Nuevo Periodismo Iberoamericano (creada por Gabriel García Márquez) en outubro do ano 2000. Nela conta parte da súa vida como reporteiro do terceiro mundo, nuns países esquecidos por moitos e esmagados por outros. Kapuscinski, sabio donde os haxa, dixo cousas interesantísimas que non podo evitar colocar aquí.
"La utopía de los poderes de comunicación mundial es que con la actual tecnología se resuelve todo".
"Actualmente vivimos un período de banalización de la palabra. (...) El problema ahora en la comunicación no es la falta de verdad sino que existen demasiadas cosas".
E a máis importante e interesante: "El periodismo no es solamente una profesión, es una manera de vivir y de pensar".
A parte de xornalista foi tamén escritor de grandes obras, case todas relacionadas coa profesión e cos lugares nos que a exercía. Algúns dos seus títulos, Un día más con vida, El Sha, Ébano, Los cínicos no sirven para este oficio, El mundo de hoy e a súa última Viaje con Herodoto entre outros son a gran herdanza que nos deixa ós aprendices deste oficio.
Sempre te lembraremos compañeiro e mestre Kapuscinski.
Descansa en paz.

viernes, 26 de enero de 2007

A DXT retrasada

A Dirección Xeral de Tráfico é unha entidade moi peculiar. Sobre todo no que atinxe a Galicia. Nas súas páxinas "esquecéronse" de poñer correctamente a toponimia galega. Así é como Viana do Bolo aínda aparece como na época franquista "Viana del Bollo" ou Sanxenxo como "Sangenjo". Eu nunca fun partidaria das traducción pero de traducir, traducir ben. Así é que O Carballiño debería denominarse "El Roblecito" e non "Carballino" como din moitos ignorantes e A Estrada "La Carretera". Pero de non ter o interese suficiente por saber o que en cada idioma significa cada cousa, polo menos que deixen os nomes como están que, a pesar de ser máis bonitos ó son, son nosos. Vergoña lles debería dar ter nunha web semellante disparate.

miércoles, 24 de enero de 2007

¡Plas, plas! ¡Sereno!

Entereime pola prensa de que o barrio madrileño de Chamberí ten previsto contratar a uns cantos serenos para que vixían as súas rúas de noite, como antano. Pero para min esto non resulta alleo. Santiago de Compostela xa fai uns cantos meses que ten na mente o mesmo para o seu ensanche. Pódese dicir, daquela, que Galicia vai primeiro que Madrid nalgunhas cousas. Iso si, hai que aclarar que detrás doutras cidades como Gijón en Asturias. A verdade é que hai cousas do pasado que nunca deberon marchar, así non habería que recuperalas.

martes, 16 de enero de 2007

Primeira páxina


Segue a febre dos blogs... Simplemente deste xeito poderei lembrar cousas que doutra maneira se me esquecerían. Este é o porque deste sitio, porque sempre hai algunha cousa que contar, que lembrar ou que compartir.