miércoles, 31 de enero de 2007

Adeus Kapuscinski

A semana pasada morreu unha pilar do xornalismo, sobre todo do xornalismo de guerra, morreu o polaco Ryszard Kapuscinski. Hoxe estiven lendo a súa intervención na sede da Fundación Nuevo Periodismo Iberoamericano (creada por Gabriel García Márquez) en outubro do ano 2000. Nela conta parte da súa vida como reporteiro do terceiro mundo, nuns países esquecidos por moitos e esmagados por outros. Kapuscinski, sabio donde os haxa, dixo cousas interesantísimas que non podo evitar colocar aquí.
"La utopía de los poderes de comunicación mundial es que con la actual tecnología se resuelve todo".
"Actualmente vivimos un período de banalización de la palabra. (...) El problema ahora en la comunicación no es la falta de verdad sino que existen demasiadas cosas".
E a máis importante e interesante: "El periodismo no es solamente una profesión, es una manera de vivir y de pensar".
A parte de xornalista foi tamén escritor de grandes obras, case todas relacionadas coa profesión e cos lugares nos que a exercía. Algúns dos seus títulos, Un día más con vida, El Sha, Ébano, Los cínicos no sirven para este oficio, El mundo de hoy e a súa última Viaje con Herodoto entre outros son a gran herdanza que nos deixa ós aprendices deste oficio.
Sempre te lembraremos compañeiro e mestre Kapuscinski.
Descansa en paz.

No hay comentarios: