miércoles, 28 de marzo de 2007

Os chaos de Amoeiro


O sábado estiven en Trasalba, terra ben querida por min por varios motivo. Fun con motivo da inauguración no Pazo - Museo de Otero Pedrayo da exposición pictórica de Virxilio. A mostra leva por nome "Os chaos de Amoeiro" e estará exposta ata finais de abril. Este pintor é moi expresivo, dixo que a cor de Ourense é a amarela, polas moitas acacias, toxos e xestas que hai e tamén polo sol e o calor do verán. Xa dicía Otero Pedrayo que o non ter costa beneficiaba a Ourense.

Na roda de prensa dixeron cousas moi interesantes. Estiveron Virxilio, Víctor Freixanes, Méndez Ferrín e Ánxela Bugallo entre outros. Ferrín deleitounos coas súas magníficas "conversas" onde cada palabra ten un valor especial e engadido e Virxilio limitouse a agradecerlles a todos o apoio.

Este sábado, a casa de Cimadevila estará tamén a ferver porque desta vez toca recital poético. Teño pensado ir. Será as sete do serán, boa hora para deixarse levar polas palabras.

No hay comentarios: