
Ultimamente saen noticias a diarios sobre o caso "Mari Luz" a neniña onubense morta a mans dun depravado sexual. E hoxe lin tamén unha noticia que me fixo arrepiar o corpo e que, en certa medida, me fixo lembrar un suceso que me aconteceu a min hai xa bastantes anos.
A verdade é que non sei se empecei a saír coas miñas amigas tarde ou cedo o caso é que o fixen cando a min me apeteceu e meus pais mo permitiron. Tiña 15 anos e debía estar na casa as 10.30 os domingos (que era o día das saídas). Evidentemente, daquela, os pubs tiñan "dúas sesións", a de cedo (8 a 12 máis ou menos) e a de tarde. Nós saiamos de 6 a 10.30 e como adolescentes gustábanos o barullo e ver o que se cocía neses sitios. Pero non levaría eu saíndo máis de cinco ou seis meses cando por desgraza me atopei cuns individuos detestables.
Entramos unha noite nun pub, serían sobre as 9 ou 9.30 e estaba baleiro, tan só tres tipos tomando algo nunha barra algo afastados. Decidimos ir ó baño pero non quedar nese lugar. Eu fun a última en ir. Cando saín un deles agarroume por un brazo xunto a eles, con moita forza, eu díxenlle que me soltara pero non o fixo, houbo un forcexeo entre os dous ata que me empezou a dicir que eu era unha soa e eles eran tres e que ían facer de min o que lles viñera en gana (estarían trastornados?). Sentín tantísimo medo que agarrei o primeiro que vin, un vaso dun cubata e dun golpe estaleino na barra cortando unha man. A sangue e o ruido (non moita) fixeron que se asustansen e me deixaran largar. Miñas amigas agardábanme fóra, quedaron coa boca aberta.
Máis tarde puiden descubrir que estaban borrachísimos, nunha despedida de solteiro, pero iso non é unha excusa para facer o que fixeron. De feito botei meses que me daba moito medo que un rapaz me agarrase forte por un brazo aínda que fose para evitar que cruzase unha rúa. Hai xente moi depravada polo mundo e non sabes onde te podes atopar con ela.

No hay comentarios:
Publicar un comentario