lunes, 5 de mayo de 2008

Infidelidades

Este sábado tivemos un debate sobre as infidelidades. ¿Que é unha infelidade? ¿Que se considera como tal? ¿Ata que punto non é unha infidelidade?
As cousas son máis complexas do que pensabamos. Levounos dúas horas polo menos tal debate e non sei se chegamos a acordo ou non pero intercambiamos opinións que nunca veñen mal. O caso (non sei se importante) é que as "mulleres" existentes pensabamos dun xeito practicamente igual e os "homes" doutro. Ata fixemos un debuxo e todo para ilustrar unha infidelidade e ver onde estaba o límite e máis as posibles ramificacións que podería ter... vamos... unha tema que empezou cun simple comentario e pouco máis e dá para redactar un libro.

Pero estivo xenial. E o que me quedou claro e que as situacións da vida son a veces as que determinan unha maneira de actuar ou outra (dentro dun límite... claro está) e que o día a día tamén te obriga a cambiar a túa forma de ser, de actuar e incluso de pensar.

A canción de hoxe, daquela, é esta:







Canción que eu escoitei por primeira vez na voz de Miguel, ex baixista da orquestra cinema e co que percorremos no 2004 grandes festas.

3 comentarios:

JGG dijo...

Si, si, si fue un debate dilatado, con sus esquemas y movimientos como si fichas de ajedrez se tratase, jejeje, me gusta.

Anónimo dijo...

Bueno... algún día teremos que intercambiar os nosos puntos de vista acerca deste tema :)
Estou dacordo con que os acontecementos da vida son os que nos van formando e configurando a nosa forma de ser e de actuar... pero, as veces, non deberiamos deixar que eso fose así...

Brétema dijo...

Si, a verdade é que a vida é tan cíclica e a veces hai cousas son tan inevitables!!! Teremos esa conversa!!!