
Hoxe por motivos de traballo tocou informarse, e coma quen di informar, sobre orquestras. Chega o verán e con el as verbeas. E así foi como hoxe me atopei por casualidade cun vello compañeiro. Coñecino hai xusto 4 anos (imposible que haxa tantos... como diría Tojeiro "que yo duermo pocas, nunca dormí más") cando cantaba en Cinema. Lémbrome que o ano 2004 foi xenial. Despois dun ano de cambios bruscos e de intentar adaptarme á nova vida en Santiago, 2004 foi un ano de relax, un ano no que paseamos vilas e aldeas da man de Cinema.

O caso, que hoxe redescubrín a Jako despois de perderlle un chisco a pista cando me fun vivir a Salamanca. Ten un grupo co que lle desexo dende aquí toda a sorte do mundo e tamén nesta nova etapa que comeza coa Orquestra Ismael. Hai veces que perdes o contacto coas persoas sen saber como nin porque xa que eu aínda teño o seu número de teléfono (claro, o de hai 4 anos que non sei se será o mesmo).
De todos xeitos hoxe recordei que aquelas noite por Santiago de marcha, aquelas outras cantando na orquestra que Berly e máis eu acompañabamos coas nosas "coreografías", incluso aquela visita a Vilaza cando Jako estaba mal da garganta buscando por todos os lados unha farmacia. A excursión ó Grove con Berly, aquela mañá sen dormir aguantando o sol de maio cos pais de Berly comendo polbo e insistindo en que non tiñamos sono ningúne, aquela Gatorade da discordia, os acordes da canción del Cid... Son lembranzas bonitas dunha época que deixou pegadas doces en min. 2004 foi un ano xenial en tódolos sentidos.
Antes tiñamos en común a data de nacemento, un 16 e o gusto por M-Clan. Agora tamén que os dous traballamos diante dun micrófono.
Sorte, moita sorte co(s) grupo(s) Jako.
PD. Mellor colocar estas fotos que as de hai 4 anos, son menos recentes.

2 comentarios:
Que casualidades ten a vida que dando voltas pola rede encontreime con este Blog.
A verdade e que non recordo o teu nome pero si creo que sei quen eres.
Que sepas que ler este articulo tuxome moitos recordos.
Bueno espero que todo vaia ben.
Un biko...
Jooo, e que me fixo ilusión, e iso q eu son moi de gardar as cousas.... Bicos fortes!!!!
Publicar un comentario