jueves, 1 de marzo de 2007

Día sen móviles

Volvo recuperada do Entroido e volvo nun día moi especial: no día sen móviles. Eu entereime tarde de tal celebración e, polo tanto, non o respetei. Mágoa que fose así. De todos xeitos hoxe puidenme parar a pensar a importancia que ten o teléfono móvil na vida diaria dos humanos e quizais dos animais... porque a meu gato, Yak, tamén lle encanta fuchicar no móvil, supoño que polas cores. É moi simpático ver como lle dá coa súa patiña peluda ós botóns. Un día porei unha foto del, pero imos ó que imos. O teléfono móvil converteuse no amigo tan inerte como inseparable de moitas persoas, telo con un é case unha obsesión, eu, por sorte, aínda me libro desa "peste" de ansiedade. Pero a verdade é que tamén é transcendental para min sobre todo para manter o contacto con todas aquelas persoas as que quero e que están moi lonxe de min. Cando me xunto con elas (coa maioría, claro) o uso do meu móvil queda relegado a unha décima parte do resto dos días.

Neste día sen móviles tan só me queda dicir ¡que viva o móvil, pero con moderación!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que espabilado saiu o teu gato, calquera día pégache unha conferencia telefónica que che deixa sen saldo!!!

Por certo, felicidades polo que xa sabemos!!!!