lunes, 7 de mayo de 2007

Eu, Sotelo

Despois da reflexión sobre a amizade, recuperación de amizades, recordos amistosos e demais cuestións relacionadas con ela, agora vou falar de cuestións menos filosóficas. (Seguro que outro día me volvo por sentimental, se é o que temos os "Virgo"!!!!, e iso é bo, que caramba!). Hoxe acordeime dunha nova que lín o outro día en La Voz de Galicia. Falaba de apelidos curiosos e non ten desperdicio. A noticia é simpatiquísima aínda que eu, depois de lela síntome orgullosa de apelidarme Sotelo, de que na miña familia sexamos tamén Varela e García, e incluso Grande (aínda que este último apelido sexa menos común) pero antes que apelidarte "Polla" ou "Picha" e cousas de semellante estilo... váleme calquera cousa. Ademais atopei o seguinte referido a "Sotelo": "Linaje de origen Gallego, radicado en Lugo, Valladolid y Sevilla. También aparece en Nápoles, Italia. El apellido Sotelo es la forma castellanizada del gallego Soutelo, diminutivo de "souto", (‘soto’, ‘lugar poblado de árboles, especialmente robles y castaños’), del latín SALTUM." Agora cada vez me intereso máis por galeguizar o meu apelido. De feito quero que os meus futuros fillos sexan "Soutelo" e non "Sotelo" aínda que eu prefería quedar como estou, pero se eu quedo teñen que quedar tamén eles, ó cal non sei se estarei disposta. De momento sigo orgullosa de tan marcado apelido.

No hay comentarios: