Idoia era o nome da soldado galega morta en Herat por unha mina. Hoxe, aínda que dende Madrid, tamén leo La Voz de Galicia, e na portada da edición dixital aparece unha noticia que di: "Detido o responsable da morte de Idoia". Aledeime, aledeime por ela, estea onde estea, e polos seus pais e noivo. Aledeime e, de ser realmente a persoa responsable, aínda me aledaría máis de que quedara detido de por vida. Porque unha morte é unha morte.Sei que morre moita xente en ataques pero a morte de Idoia, igual que a de Diego, o ourensán que morreu no helicóptero en Afganistán, tocoume moi fondo por varios motivos. Un: son persoas; dous: son novas, case da miña idade; tres: son galegos, e tócame máis cerca e catro: a miña parella ten a mesma profesión, e case a mesma idade, e sempre che preocupa máis.
De feito últimamente penso que as miñas mascotas van ter nomes moi militares, nun intento de renderlle "homenaxe" a todos os "compañeiros" de Jona falecidos en misión. O meu gato, como xa dixen noutro post, chámase YAK, polo Yakolev e agora o próximo compañeiro animal posiblemente se chame NODAR, como a parroquia de Idoia, porque hai cousas que non se poden nin deben esquecer.

No hay comentarios:
Publicar un comentario