jueves, 3 de mayo de 2007

Cousas de avións


Hoxe viaxo a Madrid. As 22:35 da noite, sempre que o meu avión, de baixo custo por suposto, saia puntual. E hoxe cando abrín a prensa descubrín tres noticias relacionadas con avións.

A primeira delas referíase a unha aterraxe chea de bailes que tivo lugar onte entre os aeroportos de Santiago e Coruña. Resumo: un avión de Spanair procedente de Barcelona ten que aterrar en Alvedro (A Coruña) pero tras darse catro voltas polo aeroporto, rozando a pista, decide levantar voo cara Lavacolla (Santiago) non antes de informar ós pasaxeiros de que unha nube lle impide aterrar. Ben, agora o avión aterra en Lavacolla pero non hai autobuses para "devolver" os pasaxiero ó seu destino, á Coruña, polo que de non ter bus, deciden levalos de novo en avión. ¡Un avión Santiago - A Coruña! ¡menos de 100 kilómetros!...

A segunda nova era dun voo de Clickair en Barcelona que chegou con 40 horas de retraso dende Pisa (por ter entre outras cousas unha roda pinchada o avión).

E a terceira, esta si positiva, é que hoxe inauguran a estación de metro e cercanías da T4 de Madrid, ¡e probablemente a estree!

E como hoxe é o Día da Liberdade de Expresión, eu exprésome sen remordementos.

Xa contarei que tal a viaxe a Madrid.

No hay comentarios: