jueves, 10 de mayo de 2007

Madrid


Adoro Madrid, a pesar de ser unha cidade grande, sen mar e con moita xente. A pesar diso tamén ten a súa parte positiva.


Como ben dixen o outro día, viaxei a Madrid, viaxei para estar alí tres días. Tiña ganas, moitas ganas. Como eu me esperaba, o avión saiu cun chisco de retraso, vinte minutos, pero todo foi ben e a diferencia da viaxe a Barcelona en Decembro, desta vez non houbo turbulencias. Mágoa que non teña a imaxe máis bonito que recordo desa viaxe, a de Madrid de noite, nunca a vira de noite dende o aire con tanto detalle, e é que, como tardamos en aterrizar, paseamos, tipo turistas, polo aire da cidade dando dúas voltas. Foi marabilloso, semellaba un club náutico coas súas luces!!!


En canto cheguei, tamén desta vez e a diferencia da viaxe á cidade condal, non me racharon a maleta, fun visitar unha cousa: a nova estación de metro da T4 que viñan de inaugurar había escasas horas. E como un amable garda regalaba os pases, pois eu e Nico, meu amigo e quen me recolleu no aeroporto, fomos dar unha volta en metro, como quen pasea en barco. Sona estraño, pero quixemos estrenar o novo tren e a nova estación. Atopeime tamén con algo que xa esquecera pero que irrompeu na miña ollada de repente: os estacionamentos nos que estourou a bomba de ETA case en fin de ano. Están a construir de novo o aparcamento, mágoa que alí quedaran enterradas para sempre entre o hormigón as ilusións de dúas familias.


Os días seguintes correron a présa. Parque de atraccións, visita por Madrid (na que din cunha rúa moi, moi especial, que comentarei outro día...), tempo na Universidade Autónoma etc. e paseos en coche e a pé. Todo isto da para detallar con moito tempo, ou con moitas liñas...


Pero sempre se fan asociacións. Para min a estancia en Madrid é unha canción. A canción de Sr. Trepador, "Dame un grito". Por iso a poño aquí. Esa canción significa ledicia, tranquilidade, complicidade e cariño: todo resumido nun tempo, nunha imaxe, nun bico de amor de Jona nunha fonte de Madrid, nun paseo de amizade con Nico polo Retiro e nunhas risas de colegas nun bar de San Blas a carón da Peineta.




Dame un grito al oído cuando no tengas amigos,

cuando te pueda la vida cuenta conmigo.

Dame un grito al oído cuando te embargue la tristeza

y tus lágrimas se ahoguen entre mis hombros y tu niebla.



En cada gesto, en cada movimiento,

búscame, te daré la vida;

una sonrisa, una china o una vida,

cuenta conmigo para disfrutar de la vida.



Dame un grito al oído cuando no tengas amigos,

cuando te pueda la vida cuenta conmigo.

Dame un grito al oído cuando te embargue la tristeza

y tus lágrimas se ahoguen entre mis hombros y tu niebla.



Tres lunas sin dormir, no tienes ganas de reír,

el mundo se te echa encima.

¿Qué te sucede?, dímelo princesa,

deja de ahogar en alcohol tus penas.



Dame un grito al oído cuando no tengas amigos,

cuando te pueda la vida cuenta conmigo.

Dame un grito al oído cuando te embargue la tristeza

y tus lágrimas se ahoguen entre mis hombros y tu niebla.


Dame un grito

Sr Trepador

No hay comentarios: