Como xa saben todos aqueles que máis me coñecen, a ilusión da miña vida era ser piloto. Desexábao de corazón, de alma, de todo, pero non puido ser por un motivo un chisco triste e desesperante do que se falo me poría a chorar e non quero (é
que podería haber cumprido o meu soño se non tivera ambliopía, a cal estou intentando vencer aínda que sexa un chisquiño pequeno, por mérito persoal, meta vital -pero o problema tería solución total e doada hai anos se non fora por un óptico atontado e iso é o que me doe realmente-). O caso, que tras saber que non podía pilotar un av
ión, nin ser controlador aéreo (segunda opción), nin agora (terceira opción) entrar no exército do aire, decidín que a miña vida ía ir dedicada ó xornalismo. Un camiño bastante diferente (algún día contarei a miña frustración vital neste tema). Pois ben, agora acabo de saber (a través de quen ben me quere) de que existe un bar no que se pode pilotar un avión aínda que sexa un simulador. É o que eu chamo bar avión.
Sei que algún día irei alí, me meterei na cabina e imaxinarei que estou nun avión de verdade, co meu uniforme e todo, e viaxarei a través do mundo e tamén a través dos meus soños que por un momento tornarán realidade virtual. E é que cando un desexa as cousas de verdade quéreas de verdade, admíraas. Proba diso é a miña cara cand
o vexo un avión, cando vexo o uniforme dun comandante ou falo con un (tamén contarei noutrora a miña entrevista con Javier de Campo para a Radio Galega tan emotiva... e importante para min). Adoro os avións. Como lle dixen a miña nai cando tiven que renunciar a eles hai uns anos:
que podería haber cumprido o meu soño se non tivera ambliopía, a cal estou intentando vencer aínda que sexa un chisquiño pequeno, por mérito persoal, meta vital -pero o problema tería solución total e doada hai anos se non fora por un óptico atontado e iso é o que me doe realmente-). O caso, que tras saber que non podía pilotar un av
ión, nin ser controlador aéreo (segunda opción), nin agora (terceira opción) entrar no exército do aire, decidín que a miña vida ía ir dedicada ó xornalismo. Un camiño bastante diferente (algún día contarei a miña frustración vital neste tema). Pois ben, agora acabo de saber (a través de quen ben me quere) de que existe un bar no que se pode pilotar un avión aínda que sexa un simulador. É o que eu chamo bar avión.
Sei que algún día irei alí, me meterei na cabina e imaxinarei que estou nun avión de verdade, co meu uniforme e todo, e viaxarei a través do mundo e tamén a través dos meus soños que por un momento tornarán realidade virtual. E é que cando un desexa as cousas de verdade quéreas de verdade, admíraas. Proba diso é a miña cara cand
o vexo un avión, cando vexo o uniforme dun comandante ou falo con un (tamén contarei noutrora a miña entrevista con Javier de Campo para a Radio Galega tan emotiva... e importante para min). Adoro os avións. Como lle dixen a miña nai cando tiven que renunciar a eles hai uns anos:- Mamá, non podo ser piloto, nin controlador aéreo, pero eu non quero morrer sen estar na cabina dun avión, sen vestir un uniforme de piloto ou sen subir a unha torre de control. Non.
Así que irei a Palma de Mallorca en canto poida. A rúa Golfo de Cádiz número 4.

No hay comentarios:
Publicar un comentario