miércoles, 22 de agosto de 2007

Nenos de hoxe...


Hoxe estou escritora. Debe ser porque unha vez que estou co ordenador acendido non me amarga escribir. Así debe ser. E é que normalmente e ultimamente só uso este aparello no meu horario laboral. Pois ben, agora, colocando unhas cantas fotos acordeime dunha anécdota que me pasou hai pouco máis de dous anos (e acordeime non por arte de maxia, senón porque a anécdota sitúame en Salamanca, fotos que estaba a colocar...) cando camiñando pola Gran Vía de Salamanca, máis concretamente cruzando cara a Praza de España onde eu vivía, un cativo de non máis de doce anos tivo unha pequena conversa comigo na rúa:


- Vamos..., lo que te hacía yo en la cama!!!

- (Sorprendida). Tu? A mi?

- Si a ti, te comería entera.

- (Sorprendida de novo). Tu? A mi?

- Si a ti.

- (Con cara de asco). Pero si eres un muñeco...

- Y tu mi muñeca inflable...

- (Con máis cara de asco). Yo? El que?

- Ay que ver que poca iniciativa!

- (Con desesperación). No, hay que ver que guarro! Niño!


E entrei para a casa cun mosqueo do copón. Se facía días que deixara o chupete...

No hay comentarios: