miércoles, 1 de agosto de 2007

Escaso valor


De novo polémica en Xinzo. No problemático conservatorio do que xa falei hai uns días neste blog que están a construír enclaustrado nun "patio de luces" agora apareceron (como adoita pasar en Xinzo cada vez que se excava) restos arqueolóxico. Para Isaac Vila, o alcalde non teñen valor. É vostede arqueólogo ou que? O que interesa é tapar canto antes para construír o parking que tanta rendabilidade lle vai dar, para que pensar en Xinzo cando el, alcalde, nin sequera habita na Vila! para que!!!!!! Estas cousas fanme ferver o sangue. Xinzo podería ser a Mérida galega, e lonxe de conservala estana destruíndo. Oxalá alguén faga algo... ou tereime que por a recoller sinaturas? alguén máis se apunta?

No hay comentarios: