
Hai noticias que chegan ata o máis fondo dunha xornalista. "Antonio Puerta morreu". Teño que confesar que nun principio pensei que sairía sen problema da parada cardiorrespiratoria pero despois perdín a esperanza e agardaba o triste final. Tiña os mesmos anos ca min: 22, tan só lle levo eu 2 meses. El non poderá cumprir os 23 o próximo novembro, nin poderá coñecer a súa pequena que nacerá nun mes. Esta noticia doeume bastante. Era un rapaz novo, cheo de vida, guapo e cunha vida deportiva moi boa por diante. Mágoa que se truncara tan rápido. A verdade é que cousas así doen. Pero hai algo que non entendo: moita xente acudiu ó funeral tan só por ver o que acontecía, por sacar fotos dos xogadores que alí se acercaban, non o entendo. Pero a vida é así. Hai cousas que non se poden predecir, ou si... non sei, quizais sexa o destino.
En fin: hoxe no fondo do meu corazón hai tamén un lazo negro por un compañeiro do ano 84 que a marxe de ser un as do deporte, era unha persoa. Descansa en paz, Antonio, e vela pola túa pequeniña que nun mes virá ó mundo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario