lunes, 22 de octubre de 2007

Amor sen idade

Hoxe -ou onte, non sei seguro, xa que non sei a que hora española foi- morreu Adelfa Volpe. Si, así, sen nada máis o nome pode sonar a herba de pradería, pero esta muller é coñecida por outros avatares. A señora Adelfa casou fai pouco cun mozo de case a miña idade -e non feo, segundo a miña opinión que moitos se preguntarán-. Ata aí todo ben se non fora porque el tiña 24 espléndidos anos e ela 82... espléndidos anos, supoño que tamén... Pero agora, o rapaz quedou viúvo, non sin antes pasar unha lúa de mel no Brasil.

Aínda que eu non entendo moi ben se estas relacións son realmente por interés ou por amor, o que si está claro e que debía ter sido un pouco máis longa... sobre todo polo feliz que estaba Adelfa quen dixo:

“Lo nuestro nació en base al respeto y los momentos que compartimos juntos, nunca nos importó la diferencia de edad”.

Se realmente é amor eu digo alto e claro: Iso é amor!!! Ese rapaz é un sol!!! Agora ben... como se as apañarían para ter sexo? Para empezar, que tipo de sexo terían? e non, non penso só niso pero evidentemente venme a cabeza, un "rapaz" de 24 anos non creo que queira estar mirando para o aire anos e anos... xa por instinto... En fin, que oxalá puidera entrevistar cara a cara a ese Reinaldo, que el me contara como viviu esta historia romántica que non deixa de sorprenderme.

No hay comentarios: