martes, 2 de octubre de 2007

De volta

As viaxes teñen un comezo e tamén un fin. E o fin, normalmente, é máis triste que o comezo. Voltei de Worthing hai tres días exactos. ¿E que fixen ata hoxe? Pois durmir (falta me facía despois de non durmir nadiña o día anterior da viaxe -cupa da maleta na que non collían as cousas-), amañar papeis para reincorporarme ó traballo, amañar -ou intentar- a tarxeta de crédito que non funciona e xa vai pola súa terceira edición e colocar a nova habitación deste ano -a cal aínda non está rematada-. Aí se foi o tempo. Pero aínda non me acostumei a miña vida aquí de todo. Teño fame as seis da tarde, intento montar no meu propio coche para conducir polo lado que non é, dígolle "thank you" e "sorry" as persoas coas que me cruzo pola rúa, boto de menos o leite inglés... En fin, toda unha serie de cousas que non me esperaba. Pero porque Worthing mereceu a pena. Tres semanas é moi pouco tempo. Cando agora empezaba eu a defenderme no meu inglés -non demasiado claro e bo- teño que virme, e non fondo dame rabia porque eu quería acabar dunha santa vez falándoo ben! e tamén cando agora xa fixeramos un grupo de colegas multietnico co que rir ás gargalladas da tonterias dos ingleses e cos que facernos preguntas "vitais".

Exemplos:
::: ¿Porque as inglesas levan faldas tan sumamente curtas cando non fai calor... e sen medias?
::: ¿Porque nos chaman borrachos os españois cando son eles os que están sempre bebendo cervexa?
::: ¿Porque non me deixan pasar o pub en tennis aínda que lle perxure que so vou buscar un compañeiro?
::: ¿Porque me miran o Pasaporte tres veces antes de deixarme pasar? ¿Acaso teño pinta de enganar a xente?
::: ¿Porque os ingleses se tiran nunha praia de croios sen que lle doian as costas?
::: ¿Porque poñen "Oferta para non perder" cando rebaixan so o produto un céntimo? (isto demostrareino con foto nos vindeiros días...)
::: ¿Porque lles da noxo o café con leite e cereais?
::: ¿Porque moitos -e cando digo moitos son moitos- van descalzos pola rúa cos zapatos na man?

En fin, unha morea de porqués.... pero iso é o bonito da multiculturalidade, e o máis bonito é non saber as regras doutras comunidades... así é que miña compañeira Tania lle chantou a Salman -musulmán- dous bicos e se quedou tan ancha... como se fora moi común para eles...



Pero agora toca volver a rutina, ó traballo. A partir de mañá volverei estar Nun día por diante, volverei á miña profesión, de momenteo sen publicidade -que xa me dixeron que a última semana de outubro tamén me toca- e a partir da semana que vén as clases. Manterei informada a audiencia.

No hay comentarios: