Ultimamente estanme a acontecer cousas inesperadas. A última, onte. Onte comecei as miñas clases de galego. De entrada pode parecer raro, pero si, vou a clases de galego porque quero ter un título máis na miña lingua e, como na última tempada mudou a normativa, eu teño
que adaptarme as novas normas. O caso é que onte foi a primeira clase e comezamos a comentar a nova norma e mais a utilización dos pronomes TE e CHE. Pois de novo o que para min é doado, para outras resulta case imposible!!! e todo polo lugar de nacemento ou polo lugar no que habitan en Galicia. Síntome con sorte de ser limiá!!!
Pero o máis importante é que o profesor é de Noia e ten tendencia a por un CHE en todos os sitios. E para máis INRI outra compañeira é de Tomiño, co cal colócalle a todo un TE. E como non se dan posto de acordo, o profesor pregúntame a min que que faría eu nese caso. As dúbidas existencias de onte foron estas:
que adaptarme as novas normas. O caso é que onte foi a primeira clase e comezamos a comentar a nova norma e mais a utilización dos pronomes TE e CHE. Pois de novo o que para min é doado, para outras resulta case imposible!!! e todo polo lugar de nacemento ou polo lugar no que habitan en Galicia. Síntome con sorte de ser limiá!!!
Pero o máis importante é que o profesor é de Noia e ten tendencia a por un CHE en todos os sitios. E para máis INRI outra compañeira é de Tomiño, co cal colócalle a todo un TE. E como non se dan posto de acordo, o profesor pregúntame a min que que faría eu nese caso. As dúbidas existencias de onte foron estas:CaeuCHE nos pantalóns.(a auga)
CaeuCHE enriba. (María)
Eu coloco nos dous CHE e el dubidaba de que non segundo caso fora CHE e non TE.
EspéraCHE unha boa ó chegares á casa.
EspéraTE unha boa ó chegares á casa.
Eu coloco o TE pero todo o mundo me dicía que era CHE... e é que eu fago as cousas sobre a práctica máis que sobre a teoría.
Finalmente comentei o caso coa lingüista do traballo quen, tras dubidalo
máis dunha vez, me deu a min a razón. Jajajaja. Pero polo menos falo ben, aínda que só sexa neste apartado!!!!
máis dunha vez, me deu a min a razón. Jajajaja. Pero polo menos falo ben, aínda que só sexa neste apartado!!!!Ah! Non puiden resistirme a por esa fotografía do abecedario con Winnie de Pooh... canto me gusta ese boneco... foi o única que Disney conseguiu que me gustara de verdade!

No hay comentarios:
Publicar un comentario