miércoles, 3 de octubre de 2007

Dende o traballo


Hoxe é o meu primeiro día. Ben. O meu primeiro día despois dun mes -ben merecido- de descanso. Aproveito que non hai moito curro (unha entrevista ó alcalde de Outeiro de Rei que vai facer un mosaico coas fotos dos veciños e que non dá collido o teléfono -na casa a muller di que saiu ó traballo e no traballo din que non saben se hoxe irá traballar ¿?; e outra a un sindicato de estudantes polo créditos do goberno) para escribir aquí un chisco. As cousas seguen -evidentemente- case igual pola redacción, aínda que hai caras novas e caras que xa non están. Silvia e María xa marcharon do programa, xa remataron as prácticas, e agora veu un produtor novo, Alberto. Polo resto aínda estamos en mínimos, con varias baixas laborais pero resistindo como campións. Creo, tamén, que a programación da tarde mudou -algo que debería comprobar canto antes- e os técnicos de son tamén cambiaron de sitio. Esas son as novidades. Mantereivos informados de como acabou a entrevista do alcalde, que aquí xa pensamos en cornos dos grandes e todo... jajaja. Iso chámase traballar con gracia!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Alguén do curro cun bló? Dats incredibolllll!!!
Pois unha apretiña doutro blogueiro currante do ente público.
Cheghei aquí polo de Ramiro.

unha saudiña.